Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2023

Neno aprendendo a través da Realidade Virtual

Imagen
   Neno aprendendo coas gafas de Realidade Virtual. 

Vídeo Mensaxe

Imagen
Guión do vídeo: Antía : Moi boas, somos Antía e Uxía, as creadoras de EducaTICas. Primeiro de todo, esperamos que o noso Blog vos guste e sirva como fonte de información. O blog creámolo a raíz dun proxecto da materia de Proceso de Uso e Mellora das TIC, e consideramos que foi unha boa idea para o noso futuro profesional xa que poderemos empregar este tipo de ferramentas na aula e no momento de relacionarnos coas familias, cos nosos compañeiros e con outros centros. Uxía: Si que é verdade que algunhas das prácticas as enfocaríamos doutra maneira, pois a día de hoxe, se queremos facer algo existen numerosos tutoriais, por exemplo, o caso da " CBOX" que é unha tarefa dentro do blog, solventámola consultando un tutorial de Youtube. Por iso, gustaríanos ter feito un blog máis orgánico, é dicir, realizar entradas con contidos relacionados coa nosa futura profesión e non sobre a propia estrutura dun Edublog.  Con todo, foi moi boa experiencia, e dentro do que cabe, resultounos sinx...

Vídeo Interesante de Youtube

Imagen
Cremos que pode ser moi interesante o seguinte vídeo. https://youtu.be/a8eDwAR3ujU

Interesante vídeo sobre o uso das pizarras dixitais na E.I.

Imagen
 

Vídeo sobre os Edublogs

Imagen
 

Análise dos Edublogs na Formación Inicial do Profesorado

Imagen
Logo de ler os artigos aconsellados, sendo estes o Use of blogs in pre-service teacher to improve student engagement  e Using blogs to be aware of the developement and adoption of professional skills ; e aportando as nosas propias conclusións, cremos que os Edublogs poden ser verdadeiramente útiles por varias razóns. Como futuras mestras, consideramos que as novas tecnoloxías serán as nosas aliadas á hora de poñernos en contacto coas familias -cando non é posible facelo de maneira presencial-, con outros centros educativos e, especialmente á hora de empregalas na aula como un recurso innovador. Da mesma maneira que seremos mestras, tamén somos actualmente e fumos nun pasado alumnas, e o noso contacto con algún tipo de innovación tecnolóxica foi máis ben escaso. Por iso pensamos que este tipo de blogs son unha alternativa cómoda e sinxela para, por exemplo, crear diarios de aula. Con eles as familias poderán coñecer todas as actividades realizadas na aula, e o día a día nestas. Sen ...

Os Edublogs

Imagen
Un edublog é unha blogue creada con fins educativos que brinda apoio a toda a comunidade, tanto a docentes como a alumnado; facilita a reflexión, o proceso de aprendizaxe, e cuestiona a colaboración. Gañaron popularidade unha vez que foi máis sinxela a súa utilización, e o persoal docente percatouse da súa verdadeira potencialidade, especialmente no ámbito público. É unha ferramenta moi versátil que permite compartir información coas familias das actividades que realizan as crianzas no centro, intercambiar opinións entre a comunidade educativa, e incluso entre diferentes centros. Os usuarios deste tipo de blogues alcúmanse "edubloggers". Algunhas das vantaxes desta ferramenta en relación coa educación, son: A facilidade de uso. Servizo gratuíto. Poden participar varios autores ou colaboradores no mesmo blog. Permite o intercambio de información entre familia e escola. É accesible dende calquera lugar do mundo, do mesmo xeito que dende calquera dispositivo. Os contidos actualí...