Os Edublogs
É unha ferramenta moi versátil que permite compartir información coas familias das actividades que realizan as crianzas no centro, intercambiar opinións entre a comunidade educativa, e incluso entre diferentes centros. Os usuarios deste tipo de blogues alcúmanse "edubloggers".
Algunhas das vantaxes desta ferramenta en relación coa educación, son:
- A facilidade de uso.
- Servizo gratuíto.
- Poden participar varios autores ou colaboradores no mesmo blog.
- Permite o intercambio de información entre familia e escola.
- É accesible dende calquera lugar do mundo, do mesmo xeito que dende calquera dispositivo.
- Os contidos actualízanse de maneira cronolóxica e con asiduidade.
- A información amósase dende a máis recente á máis antiga.
- Pode integrar varias ferramentas e é bidireccional (WEB 2.0).
Algunhas plataformas que se poden empregar para crear blogs son:
- Blogger
- HubSpot
- Tumblr
- Medium
- Site123
- Webnode
- SiteW
- SilverStripe
- WordPress
- Weebly
- Joomla
- Drupal
Na pedagoxía constructivista, os edublogs ofrecen varios usos, como por exemplo servir de medio de comunicación entre o alumnado a través de debates, ou entre o alumnado e o profesorado ao plantexar dúbidas. Ademais poden ampliarse contidos que se estean tratando na aula. Tanto a educación como os weblogs comparten unha característica fundamental: ámbolos dous poden definirse como procesos de construción de coñecemento.
Algúns dos primeiros blogues en españa tiveron lugar no ano 2004 na Universidade de Navarra e na Universidade Carlos III, pero nas ensinanzas inferiores isto, non ocorreu así.
As características dos weblogs fan desta ferramenta un instrumento de gran valor para un uso educativo dentro do constructivismo, os cales sirven de apoio para o E-learning, establecen unha canle de comunicación informal mestre-alumno, que promove a interacción social e dotan ao alumno cun medio para a experimentación da súa propia aprendizaxe, ademais son sinxelos de asimilar grazas aos coñecementos previos sobre a tecnoloxía dixital.
Despois de estes primeiros anos de experimentación, atopámonos no momento axeitado para que a aplicación educativa dos weblogs madure e evolucione para a súa plena integración na metodoloxía constructivista. Entenderemos os weblogues como formato -como estrutura contedora determinada- e como proceso -dentro dun ecosistema propio da Rede.
Dentro do construcrivismo enténdese ao blogue como un medio persoal e propio do alumno, para que poida empregalo de maneira transversal ao logo da súa vida académica. O papel do mestre sería o dun facilitador neste novo espazo de liberdade, acompañando ao alumno no seu propio camiño de experimentación e aprendizaxe.
.png)
Comentarios
Publicar un comentario