A Realidade Aumentada
A realidade aumentada é un tipo de tecnoloxía que permite empregar compoñentes de carácter virtual en obxectos e imaxes reais. Existen numerosos dispositivos e aplicacións que nos ofrecen a experiencia de interactuar con unha dimensión virtual e física combinada.
Entre as xeracións máis novas, o exemplo máis famoso foi o videoxogo de móbil "Pokémon Go", onde se presentan personaxes virtuais no mundo físico, a través da cámara do dispositivo empregado.
A realidade aumentada funciona como unha tecnoloxía multimedia, modelado 3D, seguimento e rexistro en tempo real dos obxectos, interacción intelixente e detección de imaxes, entre outras cousas. Coma todo, foi evolucionando a mellor co tempo, e moitas empresas interésanse cada vez máis en invertir nesta tecnoloxía para ofrecerlla aos seus consumidores. A finais do 2020 estimouse un total de 600 millóns aproximádamente de dispositivos con realidade aumentada activos e proxéctase que o número aumente en case 2 millóns para o próximo ano 2024.
Para os docentes é unha ferramenta útil para empregar na aula. Permite ver diferentes contidos coa simple lectura dun código e cunha aplicación, a través de tabletas. En infantil pode empregarse para ver contos, entre outras cousas.
En moitas ocasións o termo de realidade aumentada confúndese con realidade virtual, pero a realidade é que existen numerosas diferenzas entre ambas.
Por unha banda, a realidade aumentada modifica a visión da propia realidade a través de entradas sensoriais que crea un dispositivo; e por outra banda, a realidade virtual emprega un software propio que crea un mundo virtual que substitúe ao mundo real.
Algunhas das características da realidade aumentada son:
- Superposición do mundo real e dixital: combina o mundo físico con elementos dixitais adicionais superposicionados que xera un dispositivo.
- Tempo real: a realidade aumentada permite ver o mundo físico en tempo real.
- Interacción en 3D: interactúase con elementos 3D, como obxectos por exemplo.
- "Quiver 3D": As crianzas poden pintar láminas de personaxes aos que posteriormente lle poden dar vida.
- Actionbound: Permiten crear cazas do tesouro con guías interactivas
Por aquí deixamos 2 páxinas web que desenvolveron proxectos educativos/ actividades empregando a Realidade Aumentada.
https://enmiauladeinfantil.blogspot.com/p/proyecto-viajamos.html
O proxecto é sobre unha viaxe polo mundo a traves da RA.
https://proyectos.uah-gipi.org/realidad-aumentada-en-educacion-infantil/
Neste proxecto traballan para coñecer a cultura exipcia a través da RA.
Unha actividade que nós quixemos eleborar foi un conto interactivo, no cal os nenos/as poidan interactuar coa historia, dándolle a opción de diversas escenas ou finais alternativos, coa aplicación "Zappar".
Comentarios
Publicar un comentario