Vídeo Mensaxe
Guión do vídeo:
Antía:
Moi boas, somos Antía e Uxía, as creadoras de EducaTICas. Primeiro de todo, esperamos que o noso Blog vos guste e sirva como fonte de información. O blog creámolo a raíz dun proxecto da materia de Proceso de Uso e Mellora das TIC, e consideramos que foi unha boa idea para o noso futuro profesional xa que poderemos empregar este tipo de ferramentas na aula e no momento de relacionarnos coas familias, cos nosos compañeiros e con outros centros.
Uxía:
Si que é verdade que algunhas das prácticas as enfocaríamos doutra maneira, pois a día de hoxe, se queremos facer algo existen numerosos tutoriais, por exemplo, o caso da "
CBOX" que é unha tarefa dentro do blog, solventámola consultando un tutorial de Youtube. Por iso, gustaríanos ter feito un blog máis orgánico, é dicir, realizar entradas con contidos relacionados coa nosa futura profesión e non sobre a propia estrutura dun Edublog.
Con todo, foi moi boa experiencia, e dentro do que cabe, resultounos sinxela, e agora a cualificación vaina dicir a miña compañeira Antía.
Antía:
Dámoslle un 7 e medio sobre 10. Moitas grazas!
Comentarios
Publicar un comentario