Análise dos Edublogs na Formación Inicial do Profesorado



Logo de ler os artigos aconsellados, sendo estes o Use of blogs in pre-service teacher to improve student engagement e Using blogs to be aware of the developement and adoption of professional skills
; e aportando as nosas propias conclusións, cremos que os Edublogs poden ser verdadeiramente útiles por varias razóns. Como futuras mestras, consideramos que as novas tecnoloxías serán as nosas aliadas á hora de poñernos en contacto coas familias -cando non é posible facelo de maneira presencial-, con outros centros educativos e, especialmente á hora de empregalas na aula como un recurso innovador.

Da mesma maneira que seremos mestras, tamén somos actualmente e fumos nun pasado alumnas, e o noso contacto con algún tipo de innovación tecnolóxica foi máis ben escaso. Por iso pensamos que este tipo de blogs son unha alternativa cómoda e sinxela para, por exemplo, crear diarios de aula. Con eles as familias poderán coñecer todas as actividades realizadas na aula, e o día a día nestas. Sen esta ferramenta sería moi complicado elaborar á man os diarios para cada alumno/a.

Os Edublogs tamén permiten coñecer proxectos e pedagoxías que empregan outros centros arredor do mundo, polo que é un escalafón moi sinxelo de saltar, xa que se trata dunha maneira directa de coñecer e levar a cabo actividades novidosas na aula.

Para rematar, e referíndonos a etapas educativas máis avanzadas, poderemos fomentar a través dos Edublogs a lectoescritura, así como publicar o temario que se estea traballando na aula, para que o alumnado o poida descargar gratuitamente na súa casa e incluso traballar dende a propia aula con este material, evitando que as crianzas carguen sempre con moito peso nas súas mochilas.





Comentarios